• Anterior: A zorra e o galo.
  • Seguinte: O home que roubara unha vaca.

    O abade e a nena da vaca

     O señor abade atopou na corredoira á nena da veciña que levaba unha vaca pola corda.

     -E  logo - díxolle -. ¿Seica vas apastar a vaca?

     -Non señor, ¡lévoa ao boi!

     -¿Que a levas ao boi? ¿E vas ti soa?

     -¡Seica si!

     -Daquela, ¿e que non hai xente na casa?

     -¡Hai os de sempre!

     -Pois eso quen o debía facer é teu pai.

     -Meu pai non, señor, que non vale, ¡ten que ser o boi!


    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...