CÁMARA DE LAMAS (ZAMARRACEDO)

BANDO

CONCELLO DE SANTIAGO

 

 

No ano 1993, localizamola cámara de Lamas (Zamarracedo). Fora descuberta ó roturar unha zona de rozas para a súa transformación en praderío, no seo dunha pequena explotación familiar.

A cámara salvouse da súa completa destrucción de xeito fortuito, dunha banda a falla de medios mecánicos para desplazalos ortostatos doutra certa sensibilidade decidiron a conservalos restos tal como hoxe se atopan.

A cronoloxía está por determiñar xa que cámaras desta tipoloxía son construídas desde os primerios tempos do megalitismo, admitindo por iso unha datación grosso modo entre o V milenio AC a mediados do II milenio AC.

En calqueira caso e unha das arquitecturas coñecidas máis antigas de Galicia e particularmente no Concello de Santiago.

volver a Patrimonio Cultural. Arqueoloxía