![]() |
|||||||||||
![]() |
|||||||||||
![]() |
|||||||||||
AGRUPACIÓN DE DANZAS POPULARES "CASTRO FLOXO" | |||||||||||
|
|||||||||||
|
A Escola Provincial de Danza foi creada pola Excma. Deputación Provincial de Ourense no ano 1984, contando na actualidade con máis de 5.000 alumnos ao longo de toda a xeografía Provincial e desempeñando unha función pedagóxica primordial no campo da nosa cultura popular através das clases de canto popular, danza e pandeireta, fomentando deste xeito o respecto e amor que a nosa tradición se merece. Por medio das súas clases ocúpase dos procesos educativos que desenvolven as capacidades motrices, afectivas e cognitivas necesarias para que os alumnos de todas as idades comprendan e asimilen que a danza e a música popular constitue un medio de expresión artística e de comunicación corporal e poidan coñecer e disfrutar das súas diferentes manifestacións. Para conseguir este obxectivo inténtase desenvolver o potencial que posúen todos os alumnos através da educación corporal e do movemento. O desenvolvimento destes aspectos será sempre adecuado ás características dos alumnos sen que o seu rendemento sexa sometido a normas fixas que deban cumprirse a unha idade ou dentro dun periodo determinado. Consideramos que é necesario conservar como legado cultural a música e danza popular e sentímonos orgullosos e á vez na obriga de transmitir e fomentar o respecto e amor que a nosa tradición e cultura popular se merecen. Para conseguir os seus obxectivos, a Escola dispón dunha sede central na cidade de Ourense e de diferentes seccións-delegadas repartidas ao longo de toda a provincia de Ourense. Estas seccións-delegadas, son dirixidas por Profesores-Colaboradores, antigos alumnos da propia Escola e membros do Grupo CASTRO FLOXO que ensinan aos seus alumnos os nosos bailes, ritmos, cantigas e costumes populares, intentando inculcarlles hábitos que fomenten o amor, interés e respecto que a nosa cultura se merece. As clases da Escola Central, imapártense de Luns a Venres en horarios de mañá e tarde para facilitar a asistencia ao maior número posible de alumnos. Estes, unha vez matriculados, distribúense en grupos homoxéneos, tendo en conta niveis de aprendizaxe, idade, disponibilidade horaria, etc. e ao longo de todo o curso académico seguen un programa de aprendizaxe longamente experimentado, onde se combinan clases teóricas e prácticas con diferentes actividades lúdicas que conforman un variado, pedagóxico e entretido programa educativo. |
|
|||||||||