![]() |
![]() |
||||
|
|||||
Agrupación nacida no ano 1977 co claro obxectivo de recuperar, promocionar e difundir o folclore galego coa dignidade rigor e autenticidade que a arte, cultura e tradicións populares se merecen, CASTRO FLOXO constitúe na actualidade o máximo exponente artístico da Escola Provincial de Danzas. É o último eslabón dunha cadea de aprendizaxe e perfeccionamento que os alumnos máis aventaxados van percorrendo ao longo da súa permanencia na Escola. Pertencer a este grupo é a máxima aspiración de todos os alumnos e supón a culminación exitosa dun longo proceso de aprendizaxe no eido da música e da danza popular. En todas as súas actuacións Castro Floxo amosa a riqueza, variedade, gracia, corido, sentimento... do folclore galego na súa meirande dimensión, tratando de facer unha divulgación que ao mesmo tempo que vistosa e fermosa sexa auténtica e orixinal. |
|||||
|