|
Para
conseguir os seus obxectivos, a Escola dispón dunha sede
central na cidade de Ourense e de diferentes seccións-delegadas
repartidas ao longo de toda a provincia de Ourense. Estas seccións-delegadas,
son dirixidas por Profesores-Colaboradores, antigos alumnos da propia
Escola e membros do Grupo CASTRO FLOXO que ensinan aos seus alumnos
os nosos bailes, ritmos, cantigas e costumes populares, intentando
inculcarlles hábitos que fomenten o amor, interés
e respecto que a nosa cultura se merece.
As
clases da Escola Central, imapártense de
luns a venres en horarios de mañá e tarde
para facilitar a asistencia ao maior número posible de alumnos.
Estes, unha vez matriculados, distribúense en grupos homoxéneos,
tendo en conta niveis de aprendizaxe, idade, disponibilidade horaria,
etc. e ao longo de todo o curso académico seguen un programa
de aprendizaxe longamente experimentado, onde se combinan clases
teóricas e prácticas con diferentes actividades lúdicas
que conforman un variado, pedagóxico e entretido programa
educativo.

|
|