ARBORADO URBÁN |
|||
As árbores son un expoente máis da insensibilidade dalgúns xestores públicos. O pouco cuidado, as podas brutais sen senso nen motivo e o abandono, son expresións do pouco respeto por estes compañeiros e pola ciudadanía. As árbores acompáñannos polas rúas, reláxannos a mirada e dan vida ás masas de cemento rectilíneo das vilas. O seu maltrato non é o maior dos problemas medioambientais, pero si un indicador da sensibilidade e respecto polos seres que comparten o noso día a día e tamén de nós mesmos. Está páxina pretende ser un pequeno recordatorio do que temos e a onde podemos chegar. Queremos manifesta-lo noso agradecemento ó libro "Árboles en la ciudad" de Martínez Sarandeses, Medina Muro e Herrero Molina (publicado polo antigo MOPT). Cando xa andabamos a voltas con estes temas, o seu descubrimento deunos un apoio moral e técnico inapreciable. |
|||
Proposta base de
xestión do arborado urbán. (.pdf 111 K) Colección de fotografías, Poda. Colección de fotografías, Agresións.
|
![]() Poda na rúa Manuel del palacio (Pontevedra) 5/12/01 A imaxe que dan as árbores de moitos dos nosos parques e xardíns é a de xigantes mutilados. Esta insensibilidade non é nova nen restrixida a uns poucos concellos, máis ben é unha imaxe moi extendida por toda a nosa xeografía. Efectos negativos das podas. As árbores teñen un equilibrio entre o desenvolvemento da súa parte aérea (tronco e polas) e as raizames. Se cortamos en exceso as polas, provocaremos que a árbore non poida producir suficente recursos alimentarios e parte das raizames se sequen, encetando un proceso de debilitamento progresivo, que pode acabar matando á árbore ou facilitar a súa caida por deficiencias no seu sistema radicular. |
Outros danos
A poda agresiva e os decotes son as agresións máis evidentes, nembargantes hai outros tipos de agresións que tamén danan as árbores, só mencionaremos uns poucos: - Buratos insuficientes para desenvolve-las raizames. - Gavias moi cativas que rozan a base da árbore. - Usa-las gavias como papeleiras. - Escribir na codia. - Roces na codia nas zonas de aparcadoiros. |
|
Podesnos enviar as túas fotos sobre arborado urbán a sghnpontevedra@terra.es (máxima resolución de 680*420) co seu comentario para engadir á nosa galería. (máximo vinte palabras). Publicarémosla co texto e co teu nome. Gracias. |
Bibliografía básica recomendada:
- Martínez Sarandeses, Jose; Medina Muro, María & Herrero Molina, María Agustina (1992) Árboles en la Ciudad, fundamentos de una política ambiental basada en el arbolado urbano. Monografías de la Secretaría de Estado para las políticas del Agua y el Medio Ambiente. MOPT, Madrid. 198 pp.
- Asociación Española de Parques y Jardines Públicos (1999) Método para valoración de árboles y arbustos ornamentales, Norma Granada., revisión 1999. Madrid. 71 pp.