Información Xeral
O instituto está situado na praia de Rodeira, de Cangas
(Pontevedra).
O noso alumnado procede da comarca do Morrazo, e no caso dos ciclos
formativos, tamén de Vigo e Pontevedra, facilitado pola céntrica
situación do instituto e a dispoñibilidade de transporte
público (barco/autobús).
A media de alumnado dos últimos anos é de 1.100, repartidos
entre Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos
Formativos, Educación para Adultos e 1º ciclo de Inglés
(EOI)
No instituto traballamos 96 peroas entre profesorado e persoal de
administración e servicios.
O IES de Rodeira ten un gran edificio de 3 andares adicados a aulas
e talleres, pavillón de deportes e unha ampla zona de lecer.
Colaboramos en varios programas educativos de dimensión europea.
Entre as actividades complementarias destacan o grupo de teatro,
coro, revista, actividades deportivas, saídas culturais,
así coma concursos literarios e matemáticos. Tamén
celebramos unha mostra de informática e ciclos (MICRO).
|
 |