Non
formamos parte de grupos o partidos, non estamos constituídos
oficialmente de forma alguna. Somos xentes comúns do pobo de Vigo, cada un
con a súa cabeza, que nos unimos ante a bárbara GUERRA DOS GOLFOS nunha
Plataforma Espontánea de Cultura Contra á Guerra, ofrecendo (e convidando a outros a
ofrecer) a nosa creatividade e o noso entusiasmo á CAUSA DA PAZ MUNDIAL EN LIBERTADE.
Decimos NON á Guerra Imperial do Petróleo e da Hexemonía impositiva e
criminal dos máis fortes, a dos que non ten escrúpulos de provocar calquera
cantidade de pobreza, opresión, sofrimento e morte se iso serve para
aumentar o seu poder de control sobre as máis importantes reservas
enerxéticas mundiais, o que tamén significa controlar á sua vontade a
industria mundial, que, desafortunadamente, aínda depende, para o seu
movemento, do suxo petróleo que eles queren monopolizar.
Decimos NON ós gobernos lacaios que non dubidan en comprometer a países como
o noso na guerra de rapiña e na masacre, ávidos como abutres de agarrar os
despoxos do botín do seu amo imperial, NO NOSO NOME, aínda que non se
molesten en pedir o consenso das súas repectivas nacións.
O movemento bélico que axudou a promover, "no noso nome", parécenos unha nova
Orde Totalitaria porque desprecia o agromo de Unidade Democrática Mundial
que era, ata agora, con tódalas súas limitacións, a ONU, xa que se considera
dabondo e sen rival, como para pasar de asambleas democráticas de
nacións e dictar de forma unilateral, soberbia, hipócrita e brutal, as súas
decisións e as dos seus aliados e lacaios ó resto do mundo...
... Intervindo
abusivamente, con un desproporcionado apocalipse de robots do terror, nospaíses nos que
ten intereses, sen respetar a súa soberanía, nin a vida dos civís que andan polo medio,
facéndose o "liberador" e manipulando os medios de expresión pública,
garantes da democracia.
Estamos en contra dos dictadores, e de todo grupo tiránico, terrorista, ou
violento ou vandálico, estamos en contra de que se atente ou se impida a
libertade de expresión de calquera partido, grupo ou individuo... Polo
mesmo, tamén decimos NON á dictadura mundial das grandes supranacionais, dos
grandes conglomerados bancarios, NON á censura ou á manipulación interesada
dos medios públicos, NON ó terrorismo de Estado, NON á influencia
incontrolada sobre os gobernos das grandes multinacionais a quen os estados
e as asambleas de estados lles estorban.
¿Por qué lles estorban? Porque os estados modernos son, oficialmente,
estados de dereito, teñen que contar coa vontade dos pobos, das bases, están
obrigados a actuar cunha certa ética, teñen que render contas das súas
responsabilidades... Entanto que, no Imperio, é só o poder do cumio, da
élite que conforma o Año de Ouro, quen rapidamente decide por todos nós
sobre unha mesa do anónimo Consello de Administración Mundial. Unha élite do
Diñeiro que ningún cidadán votou, unha élite fría, despótica e asasina, sen
cara, sen ética, sen responsabilidade e sen alma, puro poder fáctico escuro.
O momento imaxinado e anunciado polos escritores de ciencia-ficción chegou,
xa está o Gran Irmán controlándonos a todos e formando a nosa opinión e a
nosa tendencia a través da manipulación dos medios de comunicación de masas,
vendéndonos cada día "o Mundo Feliz"; xa se están sustituíndo os exércitos
de cidadáns por profesionais mercenarios ó servicio cego da clase dominante,
xa estamos todos debendo canto temos ós bancos durante o resto da nosa vida.
Xa nos tornamos unha Sociedade de Servicios (de serventes) incapaz de
producir os alimentos e os elementos básicos para a nosa supervivencia
independente.
Ésta é a nosa última oportunidade para potenciar unha ONU verdadeiramente
democrática, sen vetos nin dependencias dos máis fortes, para potenciar unha
Confederación Europea realmente unida que renuncie á guerra, na súa
constitución, como forma de impoñer ás súas políticas.
Ésta é a nosa mellor oportunidade para reformar as estructuras internas dos partidos,
onde impera, en xeral, o caciquismo, donde as cúpulas de poder perpetúan unha
oligarquía plutocrática que non da as súas bases outra opción participativa que o
seguidismo cego de líderanzas establecidas que non se poden cuestionar.
Para unha real
renovación democrática urxe potenciar, tamén, as Asociacións Cidadáns de Base,
asociacións que esixan unha participación democrática maior e máis actualizada sobre a
asamblea dos seus representantes elexidos, por medio de
referendums dixitais sobre cuestións de interese capital nas que pareza que
representados e representantes non coinciden maioritariamente, como é o caso
da guerra.
Debemos mudar esas
leis que aínda non nos permiten influir sobre
o que lexislan e deciden os nosos deputados e ministros, por medios dixitais seguros e
aceitados, en asuntos que nos afectan tanto como tributación, política de emprego,
inmigración, medios de información pública, sanidade, educación ou política exterior.
Queremos DEMOCRACIA DIRECTA, con poder para conseguir rápida e axilmente, mediante o
número legal de asinaturas que se estipule, a dimisión e sustitución dos políticos
que, antes de chegar á metade do seu mandato, aínda non están cumprindo a gusto da
maioría as súas promesas electorais. Non queremos voltar a elexir unequipo de dictadores
que poden facer o que queiran, incluso mudanzas
radicais e indesexadas, durante un período de 4 anos. Se permitimos que se
facilite a contratación en probas, así como o despido rápido dos empregados
incompetentes no mundo das empresas, demandamos a mesma norma para a esfera política e
funcionarial.
Também suxerimos o
sereno estudio da conversión do Estado das Autonomías, por evolución da nosa
Constitución, nunha confederación de rexións e nacionalidades históricas que conforman
libremente o estado, de xeito similar a como se está proxetando un estatuto de
confederación libre de estados soberanos que conforman a Unión Europea. Conseguir
iso por medio de un honesto referendum indiscutible, renovado a cada nova xeración,
sería a mellor maneira de acabar, tanto con o centralismo uniformizador, como con o
separatismo disgregador.
Non queremos sentir
contradicións esenciais entre as nosas variadas identidades. Que podamos sentirnos, por
exemplo, tan galegos (ou cataláns ou manchegos) como españois e celtibéricos, como
latinos, como hispánicos, como europeos, como mediterráneos e atlánticos, como
occidentais ou como cidadáns libres e dignos do planeta Terra. E por ese orde.
...Porque a variada
ramaxe das nosas identidades colectivas e globais é tan cambiante e estacional como as
follas que mexen os ventos dos pactos político-económicos circustanciais, e só pode
asentarse solidamente sobre o que permañece, o tronco cultural común e o respeito á
raiz, que é a libre vontade dos individuos das bases para unirse ou non a proxetos
colectivos específicos, e á vontade consensuada das primeiras extensións do individual
básico: a familia, o clan, a tribu, o local, o rexional, o pobo, o demos, fonte de toda
verdadeira democracia.
A globalización que
ven da ramaxe para ás raices non é unha globalización democrática, sustentaríase no
ar das conveniencias dos grupos de poder que se suceden e non nas entrañas emocionais da
terra que cría ós pobos. Seu desenvolvimento estaría viciado e inestable desde o
inicio.
É indubidable que, se non nos preocupamos xa do crecemento e fortificación
desas institucións locais, estatais e globais, cara a unha
Globalización Democrática desde as Bases, o que crecerá e se fortificará ata
que sexa imposible opoñerse a ele, será o Imperio Hexemónico Mundial dos grupos
fácticos sen control, coa guerra permanente ou preventiva como argumento de imposición
das súas teses, que é o mesmo que dicir coa razón da forza e da impunidade, Fascismo
Dictatorial, e non coa forza consensuada da razón e da responsabilidade, Democracia.
Escolla cada un a súa opción
de futuro.
|
|