• Anterior: O bobo e o xigante.
  • Seguinte: Os cinco pesos.

    "SAN PEDRO SEMPRE FOI PILLO"

    Cando andaba polo mundo Jesucristo, un día iba con San Pedro, e pediron pousada nunha casa, e déronlles unha cama pra dormir. Pola mañá, o amo chamóunos cando se levantaron, pero Jesucristo aquel día estaba mui cansado, e desguíu dormindo. A muller da casa, vendo que non se levantaban, volvéunos a chamar, pero eles seguiron durmindo, i entonces foise a muller, e pensando que eran unhos pobres muy preguizosos, agarróu un pau e, vendo que inda estaban durmindo, empezóu a reñer con eles, e deulles unhos paus, pra que se levantaran, a Jesucristo, que era o que estaba pola Beira. Pero tan cansado estaba, que nin con esas se levantaron. Dalí a un pouco, veu o home pra almorzar, e preguntóu se marcharan os pobres, i a muller contestóulle:
     -¡Qué habían de marchar! ¡Inda están na cama! Vai alí e dalles unhos paus, a ver si levantan dunha vez. ¡Ah!, e dalle ao do outro lado, que ao da beira xa llos dín eu hai un pouco, e como se nada.
     San Pedro, que estaba desperto, e oíu a conversación díxolle a Jesucristo:
     - Padre Maestro, despierte y pase para este otro lado, que ahora viene el marido con otro palo a levantarnos.
     Pasóuse Jesucristo pra o outro lado, e San Pedro arrimóuse canto puido á rilleira da cama, de modo que, cando chegóu o home, empezóu a reñer con eles porque non se levantaban, i, ao mismo tempo, agarróu de pau e metéulle unhos paus ao do outro lado, como lle dixera a muller. Desta maneira, San Pedro libróuse da tunda, i o pobre Jesucristo levóuna dúas veces.. 

     
    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...