Unha vez eran dous ermáus. Un era listo i o outro era bobo.
Un día foi o listo pra o monte coas ovellas, e víu un xigante
que collía unha pedra ao mesmo tempo que lle decía:
- Si ves aquí, fágoche así.- E desfixo a
pedra por entre os dedos das maus. O listo túvolle medo e escapóu
pra casa, deixando as ovellas solas no monte. E díxolle a mai:
-¿Que che pasóu? ¿Dónde deixaches
as ovellas?
Il contóulle que as deixara no monte porque vira un xigante
e collera moito medo.
Entonces dixo o bobo:
- Aora vou eu.
E foi ao monte, e víu ao xigante que collía unha
pedra e que a desfacía entre os dedos, e tamén escapou pra
casa. I, ao chegar a ela, pedíulle a súa mai unha pouca de
manteca fresca. Volvéu ao monte, e volvéu ver ao xigante,
que lle dixo:
- Si ves aquí, fágoche así - ao mesmo tempo
que desfacía a pedra entre as maus. Logo o bobo tamén lle
dixo:
-Pois. si tu ves aquí, tamén che fago así.
- E apretóu a manteca entre os dedos da mau, e desfíxoa.
O xigante, que tal víu, díxolle si quería ir de criado
seu, que lle había de pagar mil pesetas por día, pero que
tiña que ganar en todo, se non, o mataba.
O bobo dixo que sí a todo. Logo o xigante díxolle:
-Mañá temos que vir pegarlle un golpe a esta pena,
a ver quén fai un burato máis fondo.
O bobo choraba, pero veu a casa de noite a traer as ovellas,
e pedíulle a súa mai que lle dera un papel, un cincel i un
martelo e foi xunto o penedo que dixera o xigante, e estuvo toda a noite
facendo unburato, hasta que pudo meter a mau nel hasta o codo. E despóis,
púxolle o papel por riba pra que non se conocera, e volvéu
levar as ferramentas pra casa; e despóis marchóu dormir xunto
o xigante, e entróu caladiño pra que non o sentise.
Ao chegar a mañá, fóronse os dous ao penedo
pra ver cál facía un burato máis grande dun solo golpe.
E dixo o xigante:
- ¿Primeiro eu ou tu?
Dixo o bobo:
- Eu.
E deu co puño donde tiña o papel, e chegóu
hasta o codo. Despóis déulle o xigante, e chegóu hasta
a muñeca, e se rompéu os dedos, e díxolle:
- ¿Cómo fixeches tu?
Contestóulle o bobo:
- ¡Eu, dándolle!
Aquel día ganóu as mil pesetas, e foillas levar
á súa mai. Ao outro día díxolle o xigante:
- Mañá vamos a ver quén tira máis
pinos dun trompazo.
Aquela noite, o bobo foi xunto a súa mai, e pedíulle
un serrón, e foi e serróu sete pinos, e deixóunos
presos pola casca, e volvéu a levar o serrón á casa,
i el marchóu logo a dormir co xigante, que non se deu conta de nada.
Á mañá, marcharon a tirar os pinos, e díxolle
o xigante:
-¿Eu ou tu?
Dixo o bobo:
-Eu.
Déulle a un e tiróu sete. E foi o xigante e tiróu
tres, e díxolle.
- Tí eres o demo, que me ganas. Pois mañá
vamos a ver quén come máis papas.
I, ao outro día, puñéronse a comer papas.
O bobo coméu sete tazas i o xigante catorce, e díxolle o
bobo:
-¿Habemos comer máis?
E díxolle o xigante:
-¿E logo? A mín aínda non me chegan a nada.
- E, si non como máis, ¿mátasme, xigante?
- ¡Non che queda máis que a morte, se non comes
máis que mín!
Logo o bobo, sin que o soupera o xigante, foi á corte
dos bois, matóu un touro e qutóulle o fol, e metéuno
entre a camisa, e foise outra vez a comer papas. O xigante coméu
dazaséis tazas, i o bobo trinta e dúas, e inda decía
que comía máis; pero non era na barriga donde as metía,
sinón no fol do boi. Dixo o xigante:
- ¡Ganáchesme outras mil pesetas!; pero agora has
de perder. Heite matar. VAmos a ver quén corre máis.
Ao outro día puñéronse a correr cinco voltas
nun campo. O que antes as dera, ganaba. I o xigante corría máis.
CAndo o bobo chegóu á beira do campo, o xigante xa tiña
dado súas voltas. No campo andaba unha muller segando cebada con
un couciño, i o bobo pedíullo, e, despóis que o tuvo,
díxolle ao xigante:
Ahora vou abrir a barriga pra correr máis.
En vez de abrir a barriga, abríu o fol que levaba escondido,
e corría máis.
Logo, o xigante tamén lle pedíu o fouciño
á muller, e abríu a barriga e morréu.
E ganóu o bobo ao final
.