• Anterior: San Pedro sempre foi pillo.
  • Seguinte: Os cazadores que falaban do corzo.

    OS CINCO PESOS

        Unha vez pasaba un peisano por un camiño, i encontróu certa cantidá de diñeiro. Era home de concencia e non quería quedarse co que non fora dil, e entonces resolvéu confesalo ao crego, e así o fixo, dicindo o sucedido ao crego, i éste, que tampouco era anco de concencia, díxolle:
     - Como ise diñeiro non é teu, e non sabes de quén é, tes que ofrecelo ás ánemas, i a millor maneira de facelo é que lle entregues cinco pesos á primeira persoa que alcontres no camiño, i así quedas restituido.
     O bon do home así fixo, e foi cos cinco pesos na mau pra dar á primeira persona que alcontrase, e quixo a sorte que fora unha rapaciña do lugar. O home, ao vela, díxolle:
     - Toma cinco pesos.
     I ela contestóulle:
     - Non lle son cinco, que lle son dez.
     I el, amoscado, díxolle:
     - Pois o crego sólo me dixo que eran cinco.
     Entón ela repúxolle:
     - ¡Ai, sí, pero o crego élle criente vello!. 

     
    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...