• Anterior: Os castiñeiros de Mingos de Abaixo
  • Seguinte: O bobo e o xigante.

    POBRE DE MÍN E MÁIS DOUTRO

         Era un matrimonio que fritiron tres chichos (iscos) para cear. Canfo foron comelos, dixo o home que el comía dous. A muller dixo que non, que sería ila quen os comería. Rifaron. E de un cachete forte caiéu atolondrada a muller. O home coidóu que xa era cadavre, e amortaxóuna.
     Pola noite veu a xente ao velatorio. E, cando estaban todos cabo da defunta, ésta veu en acordo pouco a pouco.
     Ao empezarlle o coñecemento, seguía coa teima, e berróu: "¡Eu hei comer dous! ¡Eu hei comer dous!". Asustada a xente do velatorio, coidaron cousa do outro mundo, e saíron a escape. Mais un home que era coxo, non podendo correr, ía saíndo e decía: "¡Pobre de mín e máis doutro!". 

     
    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...