• Anterior: As bodas no ceo.
  • Seguinte: A zorra e o galo. (Outra versión de ' O raposo e o polo ')

    O cura e o tempo

     
        Unha aldeia estaba sen crego, porque os veciños puñan como condición, ao que quixera rexentar a parroquia, que había de facer chover ao sair o sol, cando iles quixeran, asegún a necesidade.

       Alá se presentóu un día un crego, ofrecéndose a comprir a cláusula antedita. A pouco apareceron unos veciños pedíndolle auga, pois o gado estaba sen mantenza por mór da seca.

        -Ben -dixo o señor abade- axuntande o Concello pra mañá ás doce.

        Feito así o crego espuxo a petición daquiles fregueses e, que sí todos estaban de acordo, iba facer chover axiña.

        -A garde unha miga -dixo ún- que teño o pan na aira e quero recoilelo.

         E máis outros cantos abondaron no mesmo.

        -Ben, póndevos de acordo e avisade cando queirades a iauga.

        O mesmo pasóu tódalas veces e din que se fixo vello naquila parroquia o tal crego, sin que tivera que facer miragres.


    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...