• Anterior: Os canteiros e o viño.
  • Seguinte: Os consellos do corvo.

    QUE SIGA O ENTERRO

        Era unha muller mui folgazana, e non quería traballar. Polo que pasaba fame e estaba tan fraca que daba pena vela. Un día os veciños foron canda ela e dixéronlle:
        - Mira, coma ti calquera día morres de pé e nos andamos atareados no traballo, imos levarte ó cemiterio e asi queda o traballo feito.
    Asi fixeron, e cando pasaba o enterro por dianta de unha casa, salíu unha muller caritativa que dixo:
        -Non a enterredes, que lle dou eu unha fanega de pan.
        Pero, en esto, levantou a cabeza a vella fogazana, e preguntóu:
        - Ise pan, ¿é crudo ou cocido?
        E, cando lle dixeron que crudo, contestóu:
        -Pois que siga o enterro.

    É por iso, que moitas veces, cando alguen vaguea, a xente dí :  'Que siga o enterro'



     
    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...