• Anterior: Os consellos do corvo.
  • Seguinte: Pobre de mín e máis doutro.

    OS CASTIÑEIROS DE MINGOS DE ABAIXO

         Nunha aldea de Páramo, había un matrimonio, e o home pegáballe á muller. Mais un día el enfermou de gravedá, e chamáronlle ao médico, e deulle unhas meiroadas. Pero el seguía a peor. A tanto que ao día siguinte pola tarde deulle un ataque, e pensaron todos que morrera, e, craro, prepararon o enterro. Pero naquiles tempos as caixas dos mortos non eran coma as de hoxe, que estaban destapadas por encima. E, pra ir pra o cementerio, tiñan que pasar por un souto de castiñeiros que lle chamaban os castiñeiros de Mingos de Abaixo. Ao pasar co morto por elí, volvéu en sí, pero non podía falar, e, dándose conta do que lle iban facer, colgóuse nunha rama de un castiñeiro e marchóu pra casa, e, ao chegar á casa, pégoulle unha paliza á muller, máis grande aínda que ningunha das que lle dera.
     Pero, ao fin, un día morréu de verdade, e, cando iban con el pra o cementerio, a muller choraba moito por el, e decía:
     ¡Ai, ai, ai, meu homiño querido! ¡Ai, ai, ai, que non había outro no mundo enteiro coma el! ¡Ai, ai, ai, cánto eu lle quería! ¡Ai, ai, ai, por Dios lle pido que non vaian..., por Dios lles pido que non vaian por baixo dos castiñeiros do tío Mingos de Abaixo!. 

     
    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...