Un corvo vello, antes de sacar os fillos do niño, dáballe
algunhos consellos para que soupesen andar polo mundo sin gran perigo.
-Mirade - decíalles: cando vexades vir un home escapade,
porque, se vos colle, mátavos. Se vedes que trai un pau furado,
escapade, anque o home esteña lexos, pois, inda non ben fai "chape",
xa no cu te bate. Se vedes que se baixa para coller unha pedra, tamén,
porque con ela mátavos tamén de lexos.
-¿E se a trai no bolsillo? -dixo o corviño máis
pequeno.
- Ti pódeste ir - contestóulle o pai- que xa sabes
máis ca mín..