"(...) Brath,
fillo de Death, tivo un fillo chamado Breoghan. Foi criado ate o intre
en que poido levar armas. Despois de certo tempo, Brath morreu e Breoghan
ocupou o principado. Moitas disputas e desacordos, pelexas e roces orixináronse
entre as diversas
razas, polo que moitas batallas
e escaramuzas foron libradas entre eles. Nembargantes, foi Breoghan
cos seus soldados e xente, os que lograron a victoria en cada batalla.
E deles foi o triunfo final, polo que estas tribus remataron sometidas
. Posteriormente Breoghan fundou unha cidade que
chamou Brigantia e tamen edificou unha torre frente á cidade
á cal chamouselle Tor Breoghain.. Unha agradable e deliciosa morada,
ademais de ser un lugar para mirar e vixiar. Breoghan tivo dez fillos,
seus nomes eran: Breg, Cuala, Cuaionge, Bleid, Fuad, Muirtheme, Eble, Nar,
Ith e Bile. (...) Ith, fillo de Breoghan era un
experto e moi preparado en conocementos e estudios. Sucedeu unha vez que
atopandose Ith no alto da Torre de Breoghan, contemplando o mundo o seu
redor, pareceulle ver unha sombra parecida á forma dunha elevada
illa, lonxe na distancia. Reuniuse cos seus familiares e comentoulles o
que había visto. Breg, fillo de Breoghan, díxolle que non
había visto terra ningunha.. somentes nubes no ceo, e intentou disuadirlle
da sua marcha naquela expedición. Pero, no obstante, el non aceptou
permanecer alí. Saíu cos seus
barcos ó mar e navegaron en dirección a Irlanda (...)"
Extraído
do 'Leabhar Ghabhala' (manuscrito
anónimo
do s.XII escrito en gaélico irlandés)
|