AS PERDICES DO CONVITE
Salíu un ferreiro un día de caza e
matóu dúas perdices. Cando viña de volta para a casa,
atopouse co señor cura da parroquia e éste dixolle si llas
vendía. O ferreiro contestóulle que non. O que lle podía
facer era invitalo a comelas si lle tiña unha misa. O cura aceutóu.
Chegóu o ferreiro coas perdices á casa, e mandóu á
muller que as arreglase mentras el iba á misa; despóis tamén
había de ir o crego a axudalas a comer, que tamén lle tiña
misa pola almiña dos difuntos da casa. Cando a muller tiña
as perdices arregladas, chegóu á cociña unha comadre,
e díxolle:
- Comadriña, ¿qué ten no pote
que ole tan ben?.
- ¿E qué hei de ter? Caldo de berzas
con unto vello, e por iso cheira ben.
A outra non se conformóu e destapóu
o pote. Ao ver que eran perdices, díxolle que debían probalas
pra saber si estaban boas.
- Non pode ser, porque ven o señor abade
axudar a comelas.
- Probémolas, comadriña, que lles
han de chegar abondo.
Cando acabaron unha, como sabía ben, comeron
a outra que quedaba.
Ao que marchóu a comadre, chegóu o
home da misa, i a muller púxose a chorar. O home preguntóulle
por qué hcoraba.
- ¡Ai, hom, cómo non hei de chorar!
¡Na casa dun ferreiro, e siquera temos un cuitelo pra poñer
na mesa!
- Pois non chores, muller, que, mentras chega o
señor cura, vou á forxa facer dous ou tres.
Dalí a un pouco, chegóu o cura, ia
muller púxose outra vez a chorar, e preguntóulle qué
era.
- ¡Ai, pobre de min, cómo non hei de
chorar, que o meu home debéuse de volver tolo, pois díxome
que iba á forxa facer un cuitelo pra lle cortar a vostede as orellas:
así que é mellor que se marche pronto, antes e que veña
il!
O cura salíu pra fora, e descalzóuse
pra correr máis.
Cando chegóu o home, a muller siguía
chorando, e díxolle ao home que viñera o cura, e que se marchara
coas perdices para a súa casa.
O ferreiro salíu corrindo pra pillar ao cura,
e cando o víu, berróulle:
- ¡Déixeme unha siquera señor!.
- Nin una nin dos: mis orelliñas non son
pra vós.
Lista de contos
O que sexa...