Arantei
Xa en tempos antigos se falaba de Asantei, que sería o antigo
nome da actual parroquia de Arantei, o que proba a presenza do
home nestas fermosas terras, tal vez incluso antes da chegada
dos romanos.
Foron estes os primeiros en deixar unha pegada duradeira na
parroquia, coa construcción dunha calzada romana da que
hoxe tan só resta coma testemuña a Ponte Medieval da Fillaboa,
xa na parroquia de Salvaterra de Miño.
Non temos moitas novas da vida na parroquia na Idade Media,
pero é seguro que se viu afectada polas loitas entre os Reinos
de Galicia e Castela contra o de Portugal, e tamén das loitas
intestinas das casas galegas coma os Sarmiento ou os Soutomaior,
xa que Arantei estaba adscrita á vila de Lazoiro (logo Salvaterra
de Miño).
Na idade moderna edificáronse tanto o pazo do Souto como a Igrexa,
ainda que a lenda dí que esta é a substituta de outra que hoxe
repousa baixo as augas do Miño, onde estaría o Vello Arantei.
Durante a ocupación napoleónica os habitantes da parroquia formaron
guerrilla ata a expulsión do invasor galo.
O final do século XIX e a maioría do século XX significaron
para Arantei a perda dun grande número dos seus fillos, marchados
á emigración en Arxentina, Cuba, Brasil, Venezuela, Suiza, Uruguai...
é prácticamente imposible atopar unha familia que non teña parentes
nalgún daqueles países. Inda hoxe hai unha excelente relación
con eles, e non hai verán que non recibamos algunha visita de
ultramar.
Na actualidade Arantei dispón de algunhas industrias
locáis,
coma a madeireira, e segue a ser, coma sempre, a cuna dos mellores
viños do Condado, co cultivo e elaboración de excelentes
viños partindo de uva albariña, treixadura, etc.
Arantei non pode ser entendida sen os ríos que lle dan
os seus límites oriental e occidental: o regato Caselas, e os
ríos Tea, onde algúns dos veciños pescan a lamprea e
o Miño, o maior río de Galicia, e que de tantas historias fronteirizas
foi testigo.
Estes ríos e a suavidade das súas formas dotan a Arantei das
peculiaridades que o fan óptimo para o cultivo da vide, xunto
co saber facer das súas xentes.
Para saber máis :