O Viño de Arantei
Dende antigo os viños do Condado foron moi apreciados, contándose
os de Arantei entre os máis senlleiros. Xa na Idade Media os
viños do Condado eran exportados a Europa, como o proban numerosos
documentos mercantís da época.
Os viños que aquí se cultivaron sofriron moitas vicisitudes,
e en tempos a uva tinta predominaba, ata que en tempos relativamente
recentes a uva branca, coa albariña á cabeza, impúxose pola forza
do mercado, acompañada polas súas curmás a treixadura, a loureira,
o torrontés...
É a uva albariña una caste delicada e difícil de cultivar, cun
rendemento escaso, pero de grande calidade nos viños obtidos,
o que xustifica o esforzo na súa utilización e os prezos que
alcanzan no mercado.
E é Arantei un lugar perfecto para esta caste, xa que as singulares
condicións climáticas do Condado, con certa tendencia á aridez
estival súmanse unhas características morfolóxicas e edafolóxicas
que favorecen a escorrentía e miman á raiz da vide, pero sen
que a inclinación do terreo lle roube horas de sol á folla e
á uva.
Por iso e dende sempre, un Condado sempre foi un bó viño, pero
un Condado de Arantei é aínda mellor.
Agardamos que se decida a visitarnos e a comprobalo por vostede
mesmo.