PRESTIGE |
Hai dez anos, a SGHN publicaba unha editorial na súa
revista, pedindo uns mínimos para que non se repetira o desastre do
"Aegean Sea". Dez anos despois estas peticións case pódense
repetir na súa totalidade.
O que está a acontecer non é desorganización, é simple CAOS. Un caos propiciado por unha administración estatal e autonómica incompetente e despreocupada, botada a perder polo vicio de tapar todo o que non lle convén. Tanta soberbia para non saber que o fuel-oil flota no mar. Existe un problema medioambiental e sobre todo social, que a longo prazo van sempre da man. Tal foi o dano que avistamos un horizonte mouro, escuro como a miseria que afectará a moitas familias e pobos enteiros. A xente non pide máis que vivir do seu, do traballo, non das axudas, anunciadas case como esmolas. O Goberno Español e Autonómico quedaron coa face descuberta ante os nosos veciños europeos, que asombrados non dan creto ós ollos e publican na súa prensa que España ten trinta anos de retraso respecto de Europa. Non cren que o exército Belga chegase antes que o Español (agás un grupo de Ferrol e Marín, dende os primeiros días e que o equiparon os concellos), comparan ó 1º ministro alemán vendo o desastre das riadas dende 1ª liña, co Presidente do Goberno de España. Comparan e non comprenden. Nós xa temos longa experiencia, aínda buscamos o albor da longa noite de pedra. Dá vergonza allea e impotencia contempla-la falla de medios. Se cabe algunha esperanza no que está a pasar, é a dignificación da xente da pé, volcada na limpeza das praias, a loita titánica dos mariñeiros valéndose dos seus únicos medios e as máns para frea-la entrada da sombra negra nas rías. Pero todo ten un límite e as forzas físicas non son ilimitadas, e ou hai medios ou é fisicamente imposible aturar máis acometidas como esta. O recén estreado Parque Nacional está de loito. As novas contrastadas que nos chegan, falan que será un loito longo e pode que nunca se recuperen. Haberá que esperar para saber que pasa con arao dos cons (Uria aalge), pero pódese ir esculpindo o seu epitafio. Pero non nos enganemos, o arao é un símbolo. O peor é o que non se ve, o que está nos fondos, os pequenos organismos que sustentan a cadea trófica e alimentan ás aves, ós polbos, ós percebes, ós mariñeiros, as redeiras, as conserveiras, os transportistas, os comercios... A terra non pertence ó home, o home pertence á terra. Aquí a terra é o mar, e o home e natureza van xunguidas, para ben ou para mal. Queda moito que facer e que aprender. |
TÓDOLOS DATOS E INFORMACIÓNS AQUÍ
EXPOSTOS,
FORON CONTRASTADOS E/OU DISPOMOS DE DOCUMENTACIÓN ESCRITA QUE OS AMPARA |
- CONSELLOS PARA O VOLUNTARIADO. (pdf 127 K) - CONSELLOS PARA A LIMPEZA DAS PRIAS. - TRATAMENTO DE ANIMAIS AFECTADOS POR HIDROCARBUROS. (Xunta Galicia) - ENLACE PÁXINA DO CENTRO LE-CEDRE (Francés) (en castelán, información veraz e de interese) [Centre de documentation de recherche et d'expérimentations sur les pollutions des eaux] - ENLACE INSTITUTO HIDROGRÁFICO PORTUGUÉS. - ENLACE AREA NEGRA - SAÚDE * Informe Dr. Baert 29-11-02 (francés) (pdf 147K) - INFORMES VARIOS * 10 anos de control sobre los efectos del Exxon Valdez (inglés) * Efectos das mareas negras sobre organismos. (inglés) * Resolución do Parlamento Europeo sobre o accidente do "Prestige" (pdf) DATOS SGHN - Editorial SGHN hai 10 anos. (pdf 42 K) - Informe SGHN Illa de Sálvora - Informe SGHN Ría Arousa Norte. - Informe SGHN Illa de Arousa-San Vicente (Ogrove) - Notas de Prensa emitidas pola SGHN - Entrevista coa Comisaria de Medio Ambiente da UE Margot Wallström (12/12/02) - Conclusión V Congreso Galego de Ornitoloxía 17/11/02 (pdf 111 K) |